sábado, 13 de setembro de 2014

FEIRA NO CASTIÑEIRIÑO

O vindeiro domingo 28 de setembro a asociacion cultural TomaCastaña organiza unha feira de artesanía, segunda man e allimentación. Vai ser no antigo colexio Ramón Cabanillas, ao lado da igrexa, a partir das dez e media da maña.

Inscricion a traves do blog tomacastanha.blogspot.com ou no telefono 628364949 ou a traves do correo ocastinheirinho@gmail.com  

xoves, 20 de marzo de 2014

FEIRA CANCELADA

Lamentamos comunicarvos que este sábado 22 de marzo non haberá Feira de Brión, pero prometémosvos voltar o 12 de abril con máis ganas e forza que nunca!!!!!!

venres, 7 de marzo de 2014

8 de marzo: FEIRA NA CARBALLEIRA DE SANTA MINIA

Aproveitando que o tempo acompaña, propoñémovos un plan ideal para a mañá do sábado 8 de marzo: unha excursión á capela de Santa Minia onde ademais haberá, xunto á súa carballeira, Feira de Brión (de 11:00 a 14:00) cos mellores produtos frescos, artesanía galega, segunda man e moito máis.
Aproveitamos tamén para informarvos de que o Concello de Brión posúe lugares con encanto dignos de coñecer........

xoves, 6 de marzo de 2014

MOITO ANTES DO ESPERADO......

Pois si....... finalmente tratouse dunha falsa alarma!!!

Este sábado 8 de marzo SI haberá Feira de Brión. O Concello de Brión ten a amabilidade de ofrecernos a Carballeira de Santa Minia para a súa celebración.

Coma sempre os mellores produtos artesanais, naturais e/ou ecolóxicos de 11:00 a 14:00 horas.

Pregamos a difusión desta mensaxe. Contádeo a veciños, amigos, familiares..........

mércores, 5 de marzo de 2014

Feira cancelada

Lamentamos comunicarvos que este sábado 8 de marzo NON haberá feira.

Agardamos chegar coa primavera........ Estade atento/as!!!!!


luns, 17 de febreiro de 2014

ENTROIDO NA FEIRA DE BRIÓN

Non faltedes este sábado á nosa feira, pois celebraremos o Entroido por adiantado......


Iremos disfrazados, faremos un obradoiro de caretas, repartiremos moitos globos de cores e algunha sorpresa máis.........

Tamén sortearemos moitos agasallos para os mellor disfrazados!!!! Vinde a MonteBalado a partir das 11:00.

Por suposto haberá, entre os compradores, sorteo dun vale de 20€. Non falta nadiña na Feira de Brión, temos de todo!!!!!

martes, 21 de xaneiro de 2014

ESTE SÁBADO... FEIRA CAS PANDERETEIRAS DE BRIÓN

E este sábado 25 de xaneiro, ás 12 da mañá, como xa é habitual, vainos acompañar n a Feira o Grupo de pandereteiras Altamira, de Brión, un grupo de mulleres que formaron o grupo na escola de música e baile tradicional do concello.

Todo un regalo para os ouvidos!

Non o perdades! Seguro que coñecedes a algunha delas!