xoves, 24 de outubro de 2013

OS CONTOS DO ESQUÍO e CATA DE MAZÁS

Este sábado 26 hai feira e, como xa vén sendo habitual, a partir das 12 hai actividades de animación.

Nesta ocasión, a Asociación Cultural Medioambiental e Deportiva O esquío no piñeiro agasállanos cunha sesión de contacontos

OS CONTOS DO ESQUÍO

para rapaces de 4 a 7 anos de idade.

Xa sabedes, o sábado a partir das 12 no Centro Comercial Monte Balado.

E despois dos contos... CATA DE MAZÁS DO PAÍS a cargo da asociación Lentura, un dos nosos postos de agricultura ecolóxica