mércores, 6 de novembro de 2013

SAMUEL, UN NENO ESPECIAL NUNHA SITUACIÓN ESPECIAL

Este sábado imos contar con un posto moi especial, un posto de venda de libros doados por particulares para recaudar fondos para Samuel, un neno de 10 anos de Santiago cunha enfermidade dexenerativa que o ten atado a unha silla de rodas.

Grazas aos recortes sufridos pola sanidade pública, a Samuel este ano retiráronlle as axudas para poder ir a fisioterapia e hidroterapia, necesarias para manter minimamente a súa masa muscular.

A raíz deste drástico recorte, puxéronse en marcha, de xeito particular, por parte da familia e amigos, varias iniciativas para recaudar fondos para axudarlle aos pais a financiar estas actividades pois só traballa un dos pais e é moi complicado pagar mes a mes e todos os meses a rehabilitación.

Ademais da recollida de tapóns, coa que colabora o Concello con postos de recollida na Biblioteca Pública Municipal e no Centro Social Polivalente, tamén se pon este sábado en marcha na Feira a venda de libros doados.