martes, 24 de setembro de 2013

ESTE SÁBADO FEIRA!

 Este vindeiro sábado, día 28 de setembro, en plenas festas de Santa Minia, montamos de novo a Feira de Brión no Centro Comercial Monte Balado.

Facede unha paradiña para botar un ollo, vale a pena.

Por cada compra que fagas recibirás un boleto para participar no sorteo dun vale para gastar na propia feira o seguinte día que se celebre.

A partir das 12, coma sempre, haberá actividades dirixidas a rapaces e maiores.