martes, 24 de setembro de 2013

X FEIRA ECOLÓXICA DE ARZÚA

Aberto o prazo de inscrición para expositores/as na X Feira Ecolóxica de Arzúa.

Tedes ata o venres 20 de setembro para enviarnos as vosas solicitudes, que nos podedes facer chegar cubrindo o formulario de contacto que atoparedes na web www.terractiva.org


A X Feira Ecolóxica de Arzúa celebrarase os días 5 e 6 de outubro de 2013 (fin de semana) e nela teñen cabida produtos ecolóxicos, artesanía, terapias alternativas e colectivos sociais e medioambientais.


Persoa de contacto: Cheli Vicente. Teléf. 986 18 47 20. Enderezo electrónico: info@terractiva.org. www.terractiva.org